Exposición NOSAS

10/02/2020


Nosas é un proxecto expositivo no que oito creadoras dialogan, a partir da súa propia obra e fanno como unha homenaxe a outras artistas que, como no seu caso, interpretan tamén o mundo desde o seu proceso creativo. Velaquí diferentes achegas que nos amosan sensibilidades moi distintas, pero baixo un denominador común dun traballo elaborado e destilado durante unha traxectoria vital e artística no terreo da expresión estética máis persoal e diferenciada. Neste sentido, esta mostra colectiva é aposta por poñer en valor a rigurosa profesionalidade das mulleres no mundo da arte. Artistas nosas que non poucas veces deixaron de ter a visibilidade que se merecen.

Nosas son as súas creacións e as súas formas de interpretar a vida. Nosas son as súas formas de mirar e de mirarnos.

 

FUNDACIÓN VENANCIO SALCINES. Salvador de Madariaga, 50, 15173 Oleiros - A Coruña

+34 881 964 780 - comunicacion@efbs.edu.es

Desarrolla iLatina - Política de Privacidad - Acceso