¿Falamos?
+34 722313953

Programa Retorna Cualifica Emprego

Para poder acceder al Programa es necesario:

“Sen o relato da diáspora, a historia de Galicia estaría mancada”

Estas palabras de Xosé Neira Vilas, escritor que deu voz á historia da emigración galega, son ás que a Xunta de Galicia fai referencia na presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2025-26.

Resume unha parte fundamental do relato da nosa terra, aquel que comprende as historias persoais, familiares e humanas de todos aqueles galegos e galegas que un día tiveron que partir, facendo da emigración un proceso esencial para comprender a historia de Galicia.

Un proxecto liderado por la Xunta de Galicia

Ó noso xuizo estamos ante un dos grandes soños que sempre tivo a poboación galega: traer de volta a casa á nosa xente.

«Cada vez que se xuntaban, os meus parentes tiñan dous temas de conversa: como cambiou a súa vida ao chegar a América e cando ían volver a Galicia». Así comezaba a obra Volver a Galicia, escrita por María González Rouco, neta de galegos (de orixe de Lugo e A Coruña), nada en Buenos Aires no 1960.

O colectivo da poboación galega que reside no exterior representa o 20% do total*

*Datos do Instituto Nacional de Estadística

A Xunta de Galicia anunciou en febreiro deste ano 2025 unha nova estratexia coa que busca facilitar o regreso de 30.000 galegas e galegos do exterior nos próximos catro anos.

20 k
Galegos
0
Anos de actuación

Programa Retorna Cualifica Emprego

O Programa Retorna Cualifica Emprego, promovido pola Xunta de Galicia, está deseñado para facilitar o regreso da diáspora galega á súa terra de orixe. A través de formación especializada e apoio na inserción laboral, este programa axuda ás persoas emigrantes galegas a adquirir novas competencias e acceder a oportunidades profesionais en Galicia. Dende a Fundación Venancio Salcines, traballamos man a man co tecido empresarial galego para identificar os perfís máis demandados. Con esta información, impulsamos unha campaña de divulgación nos países con maior presenza de galegas e galegos, conectando empresas locais con talento no exterior que desexa volver. Ademais do acceso ao emprego, o programa ofrece apoio para o traslado e os primeiros gastos, garantindo unha transición máis sinxela e segura á vida en Galicia.

Se es galega ou galego no exterior e soñas con volver, agora é a túa oportunidade. Infórmate e forma parte deste camiño de retorno e crecemento!

O camiño das persoas retornadas.

Este proxecto comprende varias fases:

Fase 1
Recompilación de prazas vacantes a cubrir nas empresas galegas.
Fase 2
Posta en coñecemento destas vacantes ás persoas galegas retornadas.
Fase 3
A empresa recibe os CV e inicia un proceso de selección cos candidatos e coas candidatas.
Fase 4
Dende a fundación guiarase ás persoas retornadas no momento de xestionar a súa estancia persoal en Galicia e na súa incorporación na empresa.
Publicación
Preselección
Selección
Acompañamiento

Fase 1
Publicación

Recompilación de prazas vacantes a cubrir nas empresas galegas.

Fase 2
Preselección

Posta en coñecemento destas vacantes ás persoas galegas retornadas.

Fase 3
Selección

A empresa recibe os CV e inicia un proceso de selección cos candidatos e coas candidatas.

Fase 4
Acompañamento

Dende a fundación guiarase ás persoas retornadas no momento de xestionar a súa estancia persoal en Galicia e na súa incorporación na empresa.

Axudamos dende 2016

Somos entidade colaboradora para desenvolver esta nova estratexia de retorno, estando profundamente agradecidos á Xunta de Galicia na confianza que se deposita en nós.

Dende xa colaboramos activamente na execución da mesma. A nosa actividade centrarase principalmente en acompañar as persoas retornadas no seu regreso a Galicia, xunto cunha incorporación laboral en empresas galegas que teñen dificultade en cubrir certas posicións pola actual situación demográfica.

Salvador de Madariaga, 50 15173 Oleiros, A Coruña, España

© 2023 Fundación Venancio Salcines – Inscrita en el Registro de Fundaciones de Interés Gallego por Orden de la Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con número 2016/9.

Abrir chat
1
Hola, este número es solo para cuestiones relacionadas con el programa de becas. El Programa Retorna tiene otro número diferente.