Inauguración da exposición Carrexadoras, de Viki Rivadulla

Viki Rivadulla , coruñesa e muxiá, é licenciada en filoloxía, pintora, escultora e artesá que a través da súa obra describe a nosa terra e “constrúe” a nosa identidade cultural.

Ela mesma define a súa obra “coa palabra compromiso- non entendo vivir sen comprometerse e preocuparse polo que temos arredor-….o mar. Ou mellor, a cultura mariñeira. Todo o que se crea arredor do mar. O potente imaxinario, as lendas, o mundo do traballo, a vida na costa…”. E principalmente as mulleres: “as mulleres resistentes, as mulleres rebeldes e disidentes, donas das súas vidas, movendo o mundo, creando. Mulleres fortes e loitadoras, con voz propia e que temos en nós toda a forza para cambiar o mundo.”

Recentemente recibiu o Premio Bos e Xenerosos que outorga a Fundación Eduardo Pondal.

Entre os meses de outubro e decembro estará aberta a exposición gratuítamente de luns a sábado.

Más noticias

Noticias

Manteniendo el vínculo con Bribes

En Fundación Venancio Salcines, después de 6 años, mantenemos el compromiso del Programa de Apoyo Asistencia a la Parroquia de Bribes, en Cambre.  El Padre