Clara Martín

Un proyecto artístico con el que mujeres homenajean, con sus propias creaciones, a otras artistas que las inspiraron, marcaron o tuvieron influencia en su vida y obra creativa.

"O que comen as bruxas"

Femmage, ou colaxe feminista, foi definido por Miriam Schapiro e Melisa Meyer como unha actividade “practicada por mulleres que utilizan técnicas tradicionais para lograr a súa arte: coser, pegar, enganchar, cortar, aplicar…”

De rachar revistas, e amorear anacos de papeis de cores, nace esta colección de colaxes/femmages formada por retratos de mulleres.

Ás veces, moreas de imaxes crean unha soa coa forza de todas elas e con outra intención: a de inventar outros mundos cunha linguaxe segreda. Pero a imaxe tamén está chea de palabras non pronunciadas que aquí teñen forma, por iso cada rostro ten un nome e cada nome unha historia que tamén está de-construida.

A resposta a que comen as bruxas está aquí, en cada retrato. Na nosa cultura non hai en realidade moita diferenza entra bruxa e meiga. Ámbalas dúas están dotadas de extraordinarios poderes aínda que a crenza xeral é que as meigas están máis relacionadas con pactos có demo á hora de realizar feitizos, que as bruxas, outorgáronlle a estas últimas un carácter máis doméstico. As bruxas, ao contrario que as meigas, non voan, posúen unha grande capacidade de persuasión e son grandes coñecedoras do comportamento humano.

O que tratei de facer con estas mulleres creadoras a partir de rostros e corpor do mundo da moda e a publicidade foi extraer a muller de esa imaxe baleira con acenos artificiais que nos mostra unha beleza suxeita a canons e estereotipos impostos para convertela nuha moller nova, intercultural, reinvindicada, seguramente insólita e máis imaxinativa. Unha bruxa de última xeración, menos meiga e mási muller, coa fermosura dos seus logros, dos seus soños e das súas inquedanzas e, para saber máis delas, de Sálvora, de Mahia, de Xurela… hai que miralas aos ollos, a eses que, ás veces, se agochan detrás desa pel de papel coa que están feitas, e tamén, claro, hay que saber que comen, que é o que comen as bruxas…,

Otros Pintores

Buscar pintores

Categorías

Abrir chat
1
Hola, este número es solo para cuestiones relacionadas con el programa de becas. El Programa Retorna tiene otro número diferente.