Viki Rivadulla

Carrexadoras

Viki nace na Coruña en 1964, no barrio de Monte Alto, mais tamén a súa vida estivo sempre ligada a Muxía, a terra natal da súa nai. Aquí vivo na actualidade.Tamén a miña obra artística ten moito que ver co territorio no que vivo, a Costa da Morte.

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou dando clases de Filosofía e Historia Contemporánea nun centro privado. Tamén deu clases de pintura e modelado.

Pintora e escultora autodidacta. Tamén artesá bonequeira. Na actualidade segue facendo pintura e escultura. Tamén ilustra algúns libros. Ademáis traballou no Concello de Muxía, actividade que compaxina coa arte. «A arte é o traballo que me da a vida».

A súa obra defínese coa palabra compromiso, «non entendo vivir sen comprometerse e preocuparse polo que temos arredor», e tecnicamente pode definirse pola cor e un debuxo rotundo. Canta aos temas, un dos seus principais é o mar. «Ou mellor, a cultura mariñeira. Todo o que se crea arredor do mar. O potente imaxinario, as lendas, o mundo do traballo, a vida na costa…»

E outro dos seus temas principais: as mulleres; «case diría que é “o meu tema”, porque incluso cando pinta sobre o mar o fai dende unha visión feminista. «As mulleres nunca como musas, senón dende unha perspectiva crítica co sistema patriarcal que nos quere silenciadas e exerce a súa violencia sobre nós . As mulleres vítimas da violencia machista ,as mulleres resistentes, as mulleres rebeldes e disidentes, donas das súas vidas, movendo o mundo, creando. Mulleres fortes e loitadoras, con voz propia e que temos en nós toda a forza para cambiar o mundo».

Recentemente acaba de recibr o Premio Bos e Xenerosos que outorga a Fundación Eduardo Pondal, pola súa traxectoria artística e compromiso co feminismo dende a miña obra.

Podedes ver o seu curriculum artístico na sua web.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.